QUE É O PIANO MEETING

Dende Piano Meeting queremos levar a música ás rúas. E como nos gustan os retos, decidimos que o piano era o mellor instrumento para sacar ao exterior. Non é habitual poder escoitar as súas melodías mentres das un paseo pola rúa e queremos que iso cambie. Con esta filosofía nace Piano Meeting. A de achegar a xente á música, á cultura, dun xeito diferente. Un día, unha cidade, 4 pianos, e un mínimo de 60 pianistas que farán que soe a música sen descanso durante un día. O equipo de Piano Meeting está formado por Javier Otero Neira (director) e 70 Mandarinas (produtora)

PIANO MEETING OURENSE 2017

Comezamos na Cidade das Burgas

Visita o noso youtube!

Segue en directo as actuacións do Festival a través da nosa canle de YouTube

O noso YouTube

4 cámaras en 4 localizacións para que non te perdas nin unha nota do Piano Meeting

Goza da música do Piano meeting

ACTIVIDADES

Este Festival baséase en tres alicerces fundamentais:

CONCURSO

Convócanse 20 prazas para participar no Piano Meeting.

Obradoiros

Toca con nós!

CONCERTO FINAL

Gran peche do piano Meeting.

CONCURSO

Ábrese un concurso para que a xente que queira participar de maneira profesional no Piano Meeting se inscriba. Seleccionaranse entre os inscritos a 20 participantes que terán media hora reservada para tocar no festival, pendente de fixar a data, que será a finais de setembro. O Concurso do Piano Meeting diríxese non só a pianistas solistas, senón tamén a agrupacións que teñan como instrumento principal o piano, como grupos de cámara con piano, combos de jazz con piano, canto e piano, etc. Os participantes terán que inscribirse na nosa páxina cubrindo o formulario e despois enviar un video á nosa canle de YouTube. Os principais requisitos que haberá que cumprir son: 1)  Non ter máis de 30 anos 2)  Incripción online 3)  Currículo máximo de 300 palabras 4)  Enviar vídeo de 10 minutos de duración como máximo no que desmostren as súas dotes ao piano. Para máis información consultar as bases completas no enlace da dereita.

Obradoiro

Nese afán co que nace Piano Meeting de englobar a todo o mundo, queremos implicar non só os profesionais do piano, da música, por iso ofertaranse obradoiros para neófitos do piano, nos que recibirán unha breve clase coa que conseguirán tocar algo no momento. E por suposto haberá oportunidade para que a xente da rúa, con coñecementos suficientes para tocar o piano, participe, se poida apuntar.

PRESENTACIÓN PIANO MEETING

Levando música ás rúas ourensás