Close

HORARIOS

✌ Aínda estamos a martes pero como sabemos que a moitos de vós gústavos organizar a fin de semana con calma… 🕓🕟 ̷…

septiembre 24, 2019 Novas

Leer máis

VOTO DO PÚBLICO

🎉 …e o momento xa chegou! Presentámosvos aos 10 finalistas seleccionados polo voto do público 🙌 Todos eles formarán parte d…
Leer máis
QUE É O PIANO MEETING?

O Piano Meeting é un Festival de Piano gratuíto e para tódolos públicos que se celebra a finais de setembro en Ourense. Con 4 pianos situados en 4 espazos singulares da cidade buscamos achegar a música e a cultura ás rúas a través dun instrumento pouco habitual ao aire libre. Un día, unha cidade, 4 pianos, e un mínimo de 60 pianistas e 10 horas de música ininterrompida ao alcance de todos e todas. Iso é o Piano Meeting.

CANDO?

Piano Meeting celebra a súa terceira edición a finais de setembro de 2019 con música ininterrompida desde o mediodía ata a noite.

ONDE?

Levamos 4 pianos á cidade de Ourense e situámolos en 4 espazos singulares e privilexiados: As Burgas, o Parque de San Lázaro, o Xardín do Posío e a Praza Maior, onde terá lugar o concerto final.

COMO?

Concertos, obradoiros e actuacións de invitados especiais repartiranse entre as 4 localizacións. Haberá indicacións na rúa para que as persoas visitantes atopen os espazos do Piano Meeting percorrendo a cidade.

QUE?

Un festival para tódolos públicos celebrado nunha contorna inigualable que é o casco vello de Ourense. Un fío común que é a música, a cultura e a arte a través da paisaxe urbana e o piano.

ACTIVIDADES

O Piano Meeting baséase en tres alicerces fundamentais

CONCURSO

Convocadas 20 prazas para tocar no Piano Meeting

Saber máis
OBRADOIROS

Aprende a tocar o piano con nós!

CONCERTO FINAL

Dous pianos a oito mans e unha orquestra, o gran peche do Piano Meeting.

CONCURSO

O Festival Piano Meeting quere convocar aos novos talentos e para iso buscamos pianistas menores de 35 anos que desexen participar de maneira profesional no Piano Meeting. O Concurso está dirixido non só a pianistas solistas, senón tamén a agrupacións co piano como instrumento principal. Trala selección feita polo xurado e as votacións do público, 20 participantes serán os elixidos e disporán de media hora reservada para tocar nun dos pianos do Festival a finais de setembro.

Inscrición
OBRADOIROS

Durante o día do festival celebraremos obradoiros impartidos por pianistas para neófitos do piano. Todo o mundo é benvido, con indiferenza de idade ou coñecementos previos. Queremos facer partícipe a todo o público deste magnífico instrumento ideal para a aprendizaxe musical. Con esta breve clase tentaremos que o aprendiz consiga tocar unha pequena peza ao piano no momento. Ademais, incorporaremos horarios de uso libre dos pianos para aqueles amateurs que desexen tocar algunha peza a pé de rúa.