A III Edición do Festival Piano Meeting xa está aquí!

O próximo mes de setembro Ourense acollerá, por terceira vez consecutiva, o Festival Piano Meeting. Por este motivo, as rúas e prazas desta cidade encheranse de novo de música, cultura e creatividade durante todo o día 28 de setembro.
Así que, xa sabes. Anota esta data no teu calendario!
E o máis importante…
👉 Tocas o piano ou formas parte dun grupo con piano?
👉 Tes menos de 35 anos?
👉 Naciches ou resides en España ou Portugal?
👉 Queres ter a oportunidade de gañar 1000€?
👉 Queres vivir unha experiencia única en Ourense?
Se todas as túas respostas son un «SI», este é o teu concurso!