Concerto Final #PianoMeeting2018

E ao rematar as actividades do #PianoMeeting2018… GRAN CONCERTO FINAL!
Este ano contaremos cunha Orquestra creada especialmente para esta ocasión. Formada por xóvenes músicos galegos coa dirección musical de Humberto Armas.
A sección de corda está formada por:
- Javi Cedrón, Miguel Álvarez, Elena Domínguez e Leonardo Blanco, violíns.
- Humberto Armas, viola.
- Olalla Rodríguez, violonchelo
- Juan Cañada, contrabaixo.
A sección de vento está formada polo Quinteto Pentravesía.
Tamén teremos a honra de contar con grandes artistas da talla de Javier Otero Neira, Abe Rábade e Guadi Galego. Ademais actuarán os gañadores do concurso de esta edición Carolina de Santiago, Jorge Balanzá, Trío Ramales así como Yolanda Delgado e Miguel Vizoso.
Agardámoste!
Anota a data!
SÁBADO 22 – 21.00h – Praza Maior de Ourense.