O camiño ao Piano Meeting e á música

As rúas de Ourense vístense de gala para recibir a segunda edición do festival Piano Meeting. Os organizadores desta experiencia única que vai encher a cidade de Ourense de música, arte e cultura durante o sábado 22, presentaron este martes as últimas novidades do evento. A xornada #PianoMeeting2018 incluirá concertos ininterrompidos de piano dende as doce do mediodía ata as oito da tarde e un gran concerto final que contará coa presenza de artistas como Abe Rábade e Guadi Galego.
Na foto: A Xefa Territorial da Consellería de Cultura en Ourense, María Luz Fernández; o Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a Responsable de Viaqua en Ourense, Ana Teijeiro e Javier Otero Neira, pianista e director artístico do festival.
Máis de 60 pianistas e 10 horas de música están agardando por ti. Vémonos este sábado en Ourense!